Concello de Sanxenxo - 7 empresas preséntanse para construír o novo campo de fútbol de Dorrón
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 7 empresas presentáronse á licitación para a construción do campo de fútbol de Dorrón, que terá 100 metros de longo por 60 de ancho.

A empresa gañadora da licitación coñecerase no mes de agosto, despois de que os técnicos municipais analicen todas as propostas presentadas.

O campo de fútbol de Dorrón é o único campo de terra que queda en Sanxenxo, polo que unha vez se execute esta primeira fase, faise necesaria unha segunda actuación, coa instalación de céspede no terreo de xogo.

O proxecto contempla principalmente a construción dunhas bancadas e da zona de vestiarios nova, así como o acondicionamento dunha zona reservada para a implantación de futuras instalacións como aseos públicos, despachos de billetes e un local multiusos-cafetería.

Actualmente o campo de fútbol ten unhas dimensións de 96 metros de longo por 58 metros de ancho. E desde a directiva do club negociouse a compra de dúas parcelas, de 95 m2 e de 45 m2, respectivamente, para poder ampliar o campo, de maneira que poida alcanzar os 100 m de longo e os 60 m de ancho.

As obras consistirán en:

- Demolición das estruturas e da cuberta existentes.
- Demolición das bancadas existentes.
- Escavación da zona de vestiarios nova.
- Realización de muros e zapatas das bancadas.
- Colocación da estrutura prefabricada de bancadas.
- Colocación da cuberta metálica.
- Realización dos servizos de abastecemento, saneamento, ACS e electricidade.
- Realización de peches e particións.
- Realización de acabados interiores.
- Realización de ramal de conexión de acceso coa entrada existente.

 

 

 

 

0
0
0
s2sdefault