Concello de Sanxenxo - O GOBERNO LOCAL ACTIVA O PROTOCOLO FRONTE Ó CORONAVIRUS E PECHA SERVIZOS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local reuniuse na mañá de hoxe para activar o protocolo de actuación fronte ao coronavirus. Tras as últimas decisións que tomou a Xunta de Galicia e o Goberno de España e co fin de previr contaxios acordou pechar equipamentos municipais como a piscina, instalacións deportivas (pavillóns e campos de fútbol), as gardarías e o Centro de Día a partir de mañá.

Tamén se acordou suspender todas as actividades extraescolares e de adultos como o taller de memoria e a educación de adultos. Así mesmo, queda cancelado o Congreso de Artes Marciais previsto para este sábado no pavillón de Baltar.

A duración do peche dos equipamentos e a suspensión das actividades estará en función da evolución que teña a pandemia de coronavirus en Galicia. O goberno local non descarta novas medidas nas próximas horas seguindo as directrices que marquen as institucións sanitarias autonómicas e estatais.

0
0
0
s2sdefault