Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO MELLORARÁ OS ACCESOS DE FOXOS, MAJOR, AREAS E MONTALVO PARA PRESERVAR O SEUS SISTEMAS DUNAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co obxectivo de mellorar o estado de conservación dos hábitats dunares existentes nos areais do municipio e frear a súa deterioración, a Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, conta xa con dous proxectos que contemplan a renovación dos accesos das praias de Foxos, Major, Areas e Montalvo. A actuación enmárcase dentro dos obxectivos de espazos da área litoral, recolleitos como prioritarios para hábitats no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, ademais de mellorar a accesibilidade dos usuarios ás praias.
Na praia de Montalvo, concretamente no acceso ao cámping, está prevista a demolición e a retirada do acceso actual. A madeira actual da pasarela atópase en mal estado con afundimentos, zonas deterioradas polo ataque de insectos xilófagos con risco grave de ocasionar accidentes aos visitantes da praia. Unha vez que conclúan os traballos de demolición levará a cabo o replanteo para a instalación dunha nova pasarela de madeira de pino. Na praia de Areas, as tarefas centraranse nas melloras dos accesos actuais do areal. Tamén se substituirán as pasarelas de madeira que se atopan en moi mal estado. O orzamento previsto para estas dúas actuacións é de 36.287,11 euros.
O outro proxecto céntrase nos accesos das praias de Foxos e Major, areais onde se poden apreciar dunas móbiles embrionarias, dunas brancas (hábitats de interese comunitario) e dunas grises (hábitat prioritario). Ambos os areais sofren unha elevada presión polo elevado volume de persoas que frecuentan este espazo. O continuo pisoteo provoca alteracións graves sobre a vexetación, favorecendo a extensión de dunas non estabilizadas e a xeneralización de fenómenos erosivos de natureza eólica. Este proxecto contempla un orzamento de 19.945,17 euros.

0
0
0
s2sdefault