Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONTINÚA CO PLAN DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN EN TODO O MUNICIPIO COMO MEDIDA DE PROTECCIÓN FRONTE AO COVID 19
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 O centro urbano de Portonovo foi hoxe o lugar marcado no cronograma do plan de limpeza e desinfección posto en marcha polo Concello de Sanxenxo como medida de protección fronte ao Covid 19. Un total de once persoas traballa na hixienización da vila mariñeira.

O goberno local reforzou o operativo previsto pola concesionaria de limpeza formado por seis traballadores con dous operarios municipais. Ademais, dous veciños, Carlos Pérez e Manuel Troncoso, sumáronse ás tarefas de forma voluntaria con dous tractores con depósitos con almacenaxe de 1.000 e 500 litros de produto desinfectante (auga cun 5% de hipoclorito e aromatizante) o que axiliza de forma considerable a tarefa. En canto ao resto do material, os operarios traballan con sulfatadoras, unha furgoneta cun depósito e carretillas de limpeza con capacidade para 200 litros.

Mañá continuará o plan de limpeza en partes do centro urbano de Sanxenxo, que quedaron pendentes a semana pasada, co que se completará a hixienización de toda a contorna despois de que este mesmo fin de semana realizásense labores de limpeza en toda a contorna portuaria, aparcadoiro de Nauta e Praza dous Barcos. O mércores as tarefas concentraranse no núcleo de Vilalonga, especialmente o casco e lugares onde poden confluír máis persoas como é o caso de farmacias, supermercados ou tendas de alimentación. Un sistema de limpeza que se repetirá o xoves en Noalla e na zona da Revolta. Mentres que o venres, o operativo centrarase en Dorrón, Bordóns, Padriñán, Nantes e Adina que podería prolongarse se fose necesario.

 

0
0
0
s2sdefault