Concello de Sanxenxo - O GABINETE DE CRISE PERFILA AS AXUDAS PARA PALIAR O PARÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA, COMERCIAL E HOSTALEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O gabinete de crise polo Covid 19 do Concello de Sanxenxo reuniuse esta mañá para profundizar nas medidas que suavicen o parón da actividade do municipio derivada da alerta sanitaria. A reunión dividiuse en tres bloques: Axudas a empresas e sectores sociais, reforzo dos servizos de limpeza e iniciativas de promoción de Sanxenxo como destino turístico.

O alcalde, Telmo Martín, explicou que o goberno local traballa xa na articulación de axudas fiscais para comercios, establecementos de hostalaría, autónomos e parados. Para iso a semana pasada decidiuse conxelar 2 millóns de euros previstos no orzamento para investimentos.

Medidas fiscais que requiren dun regulamento no que xa están traballando os servizos de Intervención e un estudo en profundidade porque hai impostos, como o IBI, no que o Concello non pode facer máis do que xa fixo que é telo no mínimo legal. O obxectivo é que as axudas sexan eficaces e respondan ás necesidades dos distintos segmentos sociais. Martín expuxo que a intención do goberno é eximir do pago de taxas municipais a aqueles negocios que visen interrompida a súa actividade durante a crise xa que considera que aprazar o seu pago non é suficiente. É o caso das taxas de terrazas.

O goberno tamén quere paliar os efectos que esta crise provoca no desemprego da localidade, consciente que durante estes meses, abril e maio, moitas persoas en paro non poderán incorporarse ao reforzo dos persoais dos negocios locais pola falta de actividade. Así, Martín explicou que o Concello de Sanxenxo creará máis emprego que en veráns anteriores, reforzando as súas contratacións de verán para incrementar a limpeza e hixiene de espazos públicos, tanto abertos como pechados. “Os niveis de limpeza dos últimos anos foron satisfactorios, pero o reforzo do cadro de persoal permitiranos seguir mellorando”, sinalou Martín.

O Concello de Sanxenxo tamén estará moi vixiante co aforamento dos locais, especialmente os de lecer nocturno. Martín recomendou extremar as condicións de hixiene e limpeza nos distintos establecementos comerciais e hostaleiros para lograr ser un “destino exemplar” en medidas de hixiene e seguridade.

En canto á promoción de Sanxenxo como destino turístico, o goberno expuxo os seus plans ante os posibles escenarios que se poidan producir tras a superación desta crise. Martín, que confía en que esta situación estea superada xa en xuño, considera, e así llo expuxo aos representantes dos sectores económicos de Sanxenxo, que hai dous posibles escenarios. O máis negativo que os españois teñan unha maior reticencia a viaxar durante este verán por cuestións económicas, o cal se traduza en peores cifras que en veráns anteriores.

Con todo, tamén pode producirse o contrario, un certo rebote no consumo provocado polo feito que o confinamento nos domicilios permitiu aforrar gastos das familias e que, ademais, estas prefiran evitar desprazamentos a outros países onde o coronavirus aínda está a iniciar a súa entrada e o seu sistema sanitario non ofrece a garantía do español. “Se a situación é normal Sanxenxo terá o tirón do verán e senón é así, pouco se poderá facer porque afectará ao conxunto dous demais destinos de España”, indicou.

El goberno local, como xa anunciou en xaneiro, ten previsto unha campaña de publicidade e promoción turística no outono. Agora co que está pasando a campaña ten aínda máis sentido se cabe co obxectivo que sirva para recuperar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro o que se vai a perder en abril e maio.

0
0
0
s2sdefault