Concello de Sanxenxo - SANXENXO SUMARASE Á HORA DO PLANETA E APAGARÁ ALGUNHAS DAS SÚAS CÉNTRICAS RÚAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo sumarase por terceiro ano consecutivo á Hora do Planeta o vindeiro sábado e apagará durante sesenta minutos, de 20:30 a 21:30 horas, a Avenida de Madrid, Paseo Silgar, Avenida de Galicia e Rafael Picou. Trátase dunha campaña de mobilización que une a millóns de persoas, cidades e empresas de todo o mundo comprometidas coa conservación da natureza.

Dadas as difíciles e excepcionais circunstancias que se están vivindo polo Covid 19, a organización World Wild Fund For Nature cancelou todos os actos na rúa previstos para esa xornada, pero continúa coa campaña de apagar as luces dos fogares e monumentos, así como os principais edificios e rúas dos países que secundan a iniciativa.

Como xesto especial este ano, a organización pide aos cidadáns que se somen á mensaxe de esperanza lanzando unha frase en morse coa lanterna do seu móbil, algo moi fácil de facer grazas ás apps gratuítas que traducen as palabras en escintileos de luz en morse. A lema desta edición será “Apaga a luz, todo irá ben”, unha mensaxe co que se quere lembrar que a Hora do Planeta segue máis viva que nunca para inspirar unión e colaboración polo ben común.

0
0
0
s2sdefault