Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO DESTINA 12.000 EUROS A TAXETAS DE ALIMENTACIÓN E BENS DE PRIMEIRA NECESIDADE QUE SE REPARTIRÁN A TRAVÉS DE SERVIZOS SOCIAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local de Sanxenxo, consciente de que o Covid 19 está a supor unha diminución importante nos ingresos de moitas familias do municipio, habilitou unha partida de 12.000 euros que se distribuirán nun total de 100 tarxetas para compra de alimentación e bens de primeira necesidade. Na actualidade, 30 familias do municipio xa se benefician desta axuda, pero o goberno decidiu triplicar de forma extraordinaria e ata o 30 de abril estas tarxetas, un prazo que se podería ampliar se fose necesario.

Servizos Sociais encargarase da repartición das mesmas entre as familias que coa crise sanitaria haxan visto reducidos os seus ingresos ata un 75%, estean empadroadas en Sanxenxo e vivan no municipio. Os susceptibles perceptores desta axuda deberán porse en contacto con este departamento e encher un impreso con datos que serán posteriormente analizados para a concesión do cartón.

Segundo o número de membros na familia, concederanse cartóns con distintos importes que van desde os 60 aos 150 euros, que serán sempre utilizados para alimentación e bens de primeira necesidade. A compra deberá realizarse nos supermercados Eroski cos que o Concello de Sanxenxo subscribiu un acordo.

Axuda piscológica
O Concello de Sanxenxo lembra tamén que os veciños que o necesiten poderán ser atendidos pola psicóloga de Servizos Sociais, de forma gratuíta, que lles axudará a afrontar o confinamento decretado durante o estado de alarma. A atención poderá ser telefónica ou presencial, de luns a venres, entre o nove da mañá e as dúas da tarde, inclúe orientación, apoio e contención psicolóxica e emocional.

0
0
0
s2sdefault