Concello de Sanxenxo - SANXENXO ENTREGA AS PRIMEIRAS TARXETAS DE EMERXENCIA POLO CORONAVIRUS A 15 FAMILIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As primeiras tarxetas de emerxencia para alimentación e bens de primeira necesidade de carácter extraordinario polo Covid 19 xa chegaron a 15 familias de Sanxenxo a través do departamento de Servizos Sociais. A medida posta en marcha polo goberno tras decretarse a alerta sanitaria prevese que acabe beneficiando a unhas 30 familias (360 euros de media) a maiores das 29 familias que xa son perceptoras do plan de emerxencia social ao que se destina, na actualidade, unha media de 1.800 euros mensuais.

As tarxetas, segundo o número de membros da unidade familiar, son de distintos importes que van desde os 120 aos 188 euros. Os beneficiarios destas axudas deberán realizar a compra no supermercado Eroski, establecemento co que o Concello de Sanxenxo subscribiu un convenio. O obxectivo é que ningunha familia que vexa minguados os seus recursos pola actual situación non poida seguir cubrindo as súas necesidades de alimentación e hixiene. O goberno local non descarta ter que ampliar a partida extraordinaria de 12.000 euros destinada a estes cartóns de emerxencia en función da evolución da situación.

O Concello de Sanxenxo destina anualmente 50.400 euros ao plan de emerxencia social municipal do que se benefician 29 familias. Os perceptores destas axudas non poden acollerse en ningún caso ás tarxetas extraordinarios. Para a tramitación destas novas axudas deberán descargar na páxina web do Concello de Sanxenxo o modelo de solicitude que poderán presentar vía telemática (sede.sanxenxo.es) ou por correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) xunto a unha copia do NIF (DNI ou NIE).

ENLACE DE DESCARGA MODELO DE SOLICITUDE

0
0
0
s2sdefault