Concello de Sanxenxo - A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL XA PENSA INTEGRAR AS NOVAS TECNOLOXÍAS EMPREGADAS DURANTE O CONFINAMENTO NO PRÓXIMO CURSO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Escola de Música Municipal mantén unha actividade formativa virtual case desde o inicio do estado de alarma co obxectivo de non perder o contacto co alumnado. Unha forma distinta de impartir clases e de fixar coñecementos que se incorporará ao modelo educativo da escola o próximo curso. O obxectivo é adaptar as novas tecnoloxías dispoñibles e que xa se están pondo en marcha agora ao ensino.

O director da Escola de Música, Benjamín Dourado, prefire ver o lado positivo deste confinamento e aprender novos sistemas que conecten cos seus alumnos. "Moitos dos alumnos envíannos as grabacións cos seus traballos e iso obrigaos a escoitarse e elexir a mellor versión. É algo que por moito que nós lle recalcaramos na clase non o facían. Iso é moi positivo para que vexan onde poden mellorar porque estanse a escoitar. Ademáis, resúltalles divertido e ameno", apunta.

Non só iso, este confinamento obrigou a moitos dos alumnos a aprender a estudar sós. "Ao tratarse dunha actividade extraescolar moitas veces os nenos estudaban na clase cando realmente o que hai que facer é reforzar, correxir e avanzar con novos coñecementos para poñelos en práctica", asegura Dourado.

A resposta do alumnado é "satisfactoria" e a comunicación é fluída, a pesar de non asistir a clases de forma presencial. "Envíamoslle traballos semanalmente a tódolos alumnos e case a metade responde de forma puntual", explica.

A dirección da escola traballa na posibilidade de ofrecer un concerto virtual, aínda que Dourado recoñece que ao tratarse dunha escola con alumnos de distinto nivel a dificultade de realizalo é moi importante.

0
0
0
s2sdefault