Concello de Sanxenxo - FINALIZA A INSTALACIÓN DOS ELEMENTOS E PLATAFORMAS DOS DISTINTOS ESPAZOS DO SKATE PARK DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os distintos espazos deportivos urbanos previstos no skate park de Portonovo están xa completamente definidos tras a instalación e colocación de elementos e plataformas nas que se poderán practicar disciplinas urbanas como o parkour ou o skate. As obras que se viron afectadas polas intensas choivas deste inverno e pola paralización debido ao Covid 19 prevese que estean concluídas o próximo mes de xuño.

O alcalde, Telmo Martín, acudiu hoxe á zona a comprobar o avance das obras do espazo lúdico que se converterá sen dúbida nunha das zonas de esparcemento e goce dos mozos do municipio. "As obras avanzan a bo ritmo e agardamos que moi pronto xa se poida gozar delas. É unha obra que responde a importante demanda que está a ter este tipo de prácticas deportivas urbáns", asegurou.

O proxecto contemplaba tamén na parcela de 1.839 metros cadrados un rocódromo que se sitúa nun dos extremos do parque e cuxa parede xa está levantada á espera da instalación das sujeciones. Tamén se atopa moi avanzada a área destinada a parkour e ao bowl. O parque contempla tres zonas, destinadas dúas delas principalmente á modalidade de skate (Street: 543 metros cadrados e rampla: 318) e unha terceira zona destinada a parkour cunha superficie de 185 metros cadrados.

No punto de encontro das distintas zonas resérvase un espazo de "descanso" equipado cunha serie de bancos que tamén xa están instalados e perfectamente integrados no parque. Nos ocos destas áreas de descanso prevese a instalación de elementos de vexetación que embelezan o espazo.

O goberno local estuda agora grafitear as zonas de parkour e do rocódromo para profundar no estilo das distintas practicas urbanas do parque.

 

 

0
0
0
s2sdefault