Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO PON EN MARCHA UN NOVO OPERATIVO DE LIMPEZA INTEGRAL EN TODO O MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo pon en marcha un novo operativo de limpeza integral en todo o municipio que se prolongará ao longo de toda a semana e que incluirá tamén mobiliario, marquesiñas e colectores. Trátase de reforzar a desinfección que xa se fai a diario nas zonas de maior confluencia de público como contornas de farmacias, supermercados e mercados de abastos, entre outros establecementos.

O cronograma de traballo como na anterior ocasión dividirase por días e parroquias. O reforzo especial de limpeza centrarase o luns, mércores e venres en Dorrón, Bordóns, Fontoria, Nantes, Dadín, Fabal, Adina e Gondar. O martes, xoves e sábado en Noalla, Vilalonga, Altamira, Gondar, Catadoiro e Arra. De luns a sábado o operativo reforzará a desinfección en Sanxenxo, Portonovo Vilalonga e A Revolta. As tarefas de higienización continuarán como ata agora de forma diaria nas contornas de espazos máis transitados.

Para este operativo especial de limpeza sumarase persoal de Ascan e operarios municipais de limpezas e xardíns con mochilas e máquinas coas que cun líquido desinfectante chegarán a todos os espazos públicos. Pola súa banda, a concesionaria de limpeza achegará a esta mobilización unha baldeadora e un camión grande que axilizarán os traballos.

Os edificios municipais tamén foron obxecto deste operativo desinfectante e os traballos estenderanse tamén ao exterior dos patios de colexios e centros educativos para garantir a máxima hixiene no caso de que os nenos regresen ás aulas este curso. De todos os xeitos, o goberno local ten previsto reforzar a limpeza tanto exterior como interior dos colexios durante o próximo curso para garantir, no posible, a seguridade sanitaria.

0
0
0
s2sdefault