Concello de Sanxenxo - COSTAS DESPRÁZASE A SANXENXO PARA COÑECER "IN SITU" O PLAN DE SEGURIDADE E CONTROL DE AFORAMENTO DE SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O xefe provincial de Costas, Enrique Fernández Meléndez, visitou esta mañá Sanxenxo para coñecer "in situ" o plan de seguridade e control de aforamento da praia de Silgar. O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial, María Deza, acompañaron ao responsable territorial até a recreación do areal.

O rexedor explicoulle detalladamente a medida para garantir o distanciamento social nunha praia especialmente concorrida durante este verán con corredores de tránsito de seis, tres e até oito metros. "A medida non pode ser máis natural porque son estacas de madeira e corda. É un sistema moi respectuoso co medio ambiente". A maiores da visita, o goberno remitirá o plano do proxecto cunha recreación en papel das 780 cuadrículas desenvolvidas ao longo de todo o litoral. En todo caso, os concellos seguen pendentes do protocolo que se aplicará ás praias este verán

Martín detallou ao xefe territorial que o plan contempla a figura de controladores ou acomodadores que facilitarán ás persoas que acudan ao areal a localización nas cuadrículas que estarán numeradas e diferenciadas por cores (vermello, azul, verde, laranxa e violeta). "Temos previsto que haxa dúas persoas por entrada, unha arriba no paseo e outra na praia sobre todo ao principio mentras as persoas que acudan ao areal non coñezan o sistema", explica Martín.

O goberno local que prevé aplicar este modelo a outras praias urbanas como Panadeira ou Caneliñas, urbanas e moi concorridas durante o verán.

0
0
0
s2sdefault