Concello de Sanxenxo - O PORTAL DE EMPREGO DO CONCELLO DE SANXENXO REXISTRA 206 VACANTES NO SECTOR TURÍSTICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A alerta sanitaria fixo que as ofertas de traballo concéntrense no mes de xuño e mesmo dupliquen as de tempadas anteriores

Sanxenxo, 2 de xullo de 2020 -. O mes de xuño supuxo unha importante reactivación do emprego en Sanxenxo cun amplo abanico de ofertas no sector turístico. O portal de emprego do Concello rexistra no último boletín de emprego unha media de 206 ofertas laborais en distintos ámbitos da hostalaría e de limpeza. Uns datos que duplican as cifras de anos anteriores nos que as contratacións se realizaban cunha maior antelación. A alerta sanitaria adormentou o tirón no emprego que supón o sector turístico no municipio durante a Semana Santa e mesmo en meses posteriores, pero agora actívase con forza.

Agora mesmo, o último boletín do servizo de Emprego Sanxenxo suma até 103 ofertas distintas con varias prazas vinculadas ao sector turístico e cada día seguen aparecendo outras novas. Camareiros, cociñeiros e axudantes de cociña, con 104 ofertas, son a actividade que máis lles interesa aos empleadores. O persoal de limpeza de hoteis e apartamentos turísticos é outro dos perfís máis buscados en Sanxenxo na tempada estival con 36 ofertas no boletín do Concello. Tamén interesa as empregadas de fogar con máis de 10 ofertas.

Tampouco se incrementaron as ofertas de persoal de mantemento para hoteis nin ofertas relacionadas co sector náutico ou operarios de mantemento de distintos sectores. Un dos empregos que volven ser demandados e que tras a crise económica case desapareceran é o de sereno ou vixiante nocturno. O boletín municipal rexistra 3 ofertas deste tipo. No sector comercio tamén demandan un reforzo de persoal para o verán con ofertas de dependentas e costureras. Neste caso son 4 vacantes.

0
0
0
s2sdefault