Concello de Sanxenxo - O CONCELLO SOLUCIONA O EMBUDE PEONIL NUN TRAMO DO PASEO DE SILGAR CUN ENSANCHE DA BEIRARRÚA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A ampliación de beirarrúa nun tramo de sesenta metros, desde o miradoiro do Paseo de Silgar cara a Punta Vicaño, permitiu acabar cun embude peonil e liquidar un problema de seguridade viaria nese punto. A obra consistiu no ensanche da beirarrúa en 80 centímetros que permitirá o cruzamento de persoas con total seguridade e manter a distancia recomendada durante todo o paseo até a súa ligazón con Baltar.

A obra enmárcase dentro do plan de preferencia peonil que o goberno levará a cabo no Paseo de Silgar este verán co pintado da calzada, a limitación de velocidade e pictogramas que indicarán aos viandantes a recomendación de circular pola dereita. O paseo de Silgar terá 2 zonas con preferencia peonil as 24 horas do día, desde a primeira escaleira de baixada á praia até a praza Compostela na Rúa Madrid e unha segunda diante do parque de Punta Vicaño.

0
0
0
s2sdefault