Concello de Sanxenxo - PORTONOVO INAUGURA HOXE A PISTA DE SKATE PARK CUNHA EXHIBICIÓN EN DIVERSAS DISCIPLINAS .
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O espazo polas características das súas instalacións, segundo expertos no deporte urbano, é "único en Galicia"

Cunha exhibición en diversas disciplinas que mostre as potencialidades do espazo, así decidiu o goberno local inaugurar hoxe, a partir das 21 horas, a pista de skate park de Portonovo. Mozos locais e do coñecido Club Cromoly realizarán mostras de skate, BMX e parkour durante aproximadamente unha hora despois de que o alcalde, Telmo Martín, acompañado do grupo de goberno, dea vía libre de forma oficial a unha demostración de "alta calidade" do deporte urbano.

Os asistentes á inauguración poderán gozar das demostracións do novo rider vigués, Saúl Vilar, gañador até en tres ocasiones da proba de skate junior en O Marisquiño e participante en varias probas nacionais. Outro dos invitados á cita é Nacho Gómez, un veterano do deporte urbano que competiu en varias probas internacionais. O skater portonovés Diego Barbeito, participante no proxecto, encargarase de dar a nota local a esta exhibición na que mostrará a súa pericia sobre o patinete.

Desde hai semanas, a instalación levantou unha gran expectación mesmo fóra da provincia polas características do espazo que, segundo expertos no deporte urbano, fano "único en Galicia" tanto polo seu deseño como polo radio do bowl e o seu rocódromo. Para a cita inaugural de hoxe, o goberno porá en marcha un protocolo de seguridade cun amplo despregamento policial e do servizo de Emerxencias que permita gozar de con total seguridade da exhibición e da pista. Así, pecharanse os accesos á zona para o tráfico rodado e establecerase unha zona de entrada e de saída do recinto que se delimitará como zona de público.

O parque divídese en tres zonas, destinadas dúas delas principalmente á modalidade de skate (Street: 543 metros cadrados e rampla: 318), unha zona destinada a parkour cunha superficie de 185 metros cadrados e outra a skatepark con bowl. O espazo alberga tamén un rocódromo. O investimento nesta pista 1.839 metros cadrados rolda os 170.000 euros.

0
0
0
s2sdefault