Concello de Sanxenxo - A CASA MARIÑEIRA DE DON FERNANDO REÁBRESE O LUNS E SERÁ A SEDE DA CONCELLERÍA DE DEPORTES E XUVENTUDE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O inmoble abrirá as súas portas tras unha profunda remodelación interior e despois de conseguir a accesibilidade en todo o inmoble.

A casa mariñeira de Don Fernando albergará a partir do luns, tras unha profunda remodelación interior e despois de lograr a accesibilidade en todo o edificio, a oficina da Concellería de Deportes e Xuventude. A atención deste departamento realizábase até agora na segunda planta do Pazo Emilia Pardo Bazán.

A casa mariñeira conta cunha planta baixa na que se atopa a recepción cunha sala de espera, un baño e a oficina da Concellería de Deportes e Xuventude e cunha planta superior que alberga dúas aulas, unha de proxección de vídeos e unha de estudo. Dispón dun xardín acondicionado para a celebración de concertos e actividades de distinto tipo.

O obxectivo do goberno local tras un investimento de 146.815 euros neste emblemático inmoble portonovés é dar o impulso definitivo a este edificio municipal que permanecerá aberto en horario de mañá e tarde. Os traballos centráronse na supresión de barreiras arquitectónicas, cun ascensor panorámico hidráulico, a división de espazos con tabiques de pladur para lograr un mellor aproveitamento do espazo do edificio e na corrección dos problemas de humidade que había na parte inferior dos muros.

A Casa de Don Fernando, situada en pleno corazón de Portonovo e construída en 1900, dispón dunha leira xardín de 800 metros cadrados. O Concello fíxose coa propiedade mediante un convenio e rehabilitouna no mandato 2003-2007. Aínda que se conservaba en bo estado, estaba infrautilizada e, ademais, necesitaba algunhas melloras para poder ser a sede que centralice as actividades e a información da mocidade e deportes.

88B308B8 ECB6 432F 958E 9E92B3A316CA

88B308B8 ECB6 432F 958E 9E92B3A316CA

0
0
0
s2sdefault