Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONTRATARÁ UN PROXECTO INTEGRAL QUE EMENDE AS DEFICIENCIAS DETECTADAS NO CEIP DE PORTONOVO.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde xunto aos concelleiros de Educación e de Obras e Servizos visitaron onte con operarios municipais os centros educativos de O Telleiro, Portonovo e a escola unitaria de Aios.
O alcalde, Telmo Martín, xunto á concelleira de Educación, Paz Lago, e o edil de Obras e Servizos, Óscar Vilar, continuaron realizando a supervisión de obras urxentes para o inicio do próximo curso escolar con operarios municipais nos centros educativos do municipio.

O colexio O Telleiro, en Noalla, foi o primeiro centro da visita onde se analizaron as melloras a curto e medio prazo. Así, con carácter urxente liquidaranse os problemas de saneamento, mellorarase a canalización no exterior do recinto e renovarase a tubaxe contraincendios. A medio prazo, cambiarase todo o valado perimetral do colexio e un dos portais de entrada ao centro.

Tamén se visitou a escola unitaria de Aios onde se repararán algunhas xanelas que se atopen en mal estado e procederase ao illamento da porta de entrada. No exterior, pintarase o valado perimetral e acondicionarase o xardín de entrada ao centro educativo.

No CEIP de Portonovo, a actuación precisa dun proxecto integral que analice as distintas necesidades do centro e emende as deficiencias detectadas tanto na carpintaría exterior como no pavillón e mesmo aos accesos dunha zona a outra do colexio. Tanto o alcalde como o director do centro e a propia concelleira de Educación coincidiron en que é preciso analizar en profundidade as carencias do centro e responder a elas de forma integral. Para o próximo curso realizaranse pequenas obras de mantemento.

0
0
0
s2sdefault