Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 54 FAMILIAS DE SANXENXO SE BENEFICIARÁN DE LA GRATUIDAD DEL SEGUNDO HIJO EN LAS GUARDERÍAS MUNICIPALES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

No Pleno extraordinario de onte aprobouse a modificación da ordenanza fiscal da taxa que fai posible acollerse á medida cos votos a favor do PP, PSOE e SAL

Sanxenxo implantará a gratuidade para o segundo fillo nas gardarías municipais o próximo curso. O Pleno extraordinario celebrado onte deu luz verde á modificación da ordenanza fiscal que permitirá acollerse ao plan posto en marcha pola Xunta de Galicia cos votos a favor do PP, PSOE e SAL. Unha medida que beneficiará a 54 familias das 97 que realizaron este ano a reserva de matrícula nas escolas infantís de O Tombo e O Revel.

A aplicación desta axuda na conciliación familiar obriga aos concellos que queiran adherirse a igualar as taxas das gardarías ás que pertencen á rede autonómica. E é precisamente ese, un dos puntos que non cumpre o Concello de Sanxenxo que mantivo durante os últimos anos conxeladas as taxas das gardarías. A modificación da ordenanza fiscal supón 9,26 euros de subida na xornada completa que queda en 169,26 euros e 4,63 euros de incremento en media xornada até os 84,36 euros. Ambas son as taxas máximas do servizo que se aplican ás familias coas rendas máis altas. A medida explica a concelleira de Educación é "un primeiro paso para a gratuidade no primeiro ciclo de Educación Infantil e do que se van beneficiar 54 familias do municipio. Hai que ter en contar ademáis que son moi poucas as familias que pagan a cota completa".

A gratuidade desta segunda matrícula sempre que o primoxénito sexa menor de 18 anos, como marca a medida autonómica, non suporá ningún prexuízo nas arcas municipais xa que o importe da taxa será devolto pola Xunta de Galicia. Neste punto incidiu onte a concelleira de Educación durante o Pleno. "Esta medida vai supoñer unha axuda nestes momentos para as familias de Sanxenxo con nenos. E en canto as arcas municipais, os cartos desta segunda matriculación serán recuperados a través do Plan Concertado de Servizos Sociais", explicou.

0
0
0
s2sdefault