Concello de Sanxenxo - SANXENXO NA HISTORIA PREMIARÁ A TRAXECTORIA DE ANA CANCELA NA UNDÉCIMA EDICIÓN DAS XORNADAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade celebrarase os días 26, 27 e 28 de agosto no Pazo de Emilia Pardo Bazán para garantir as medidas sanitarias fronte ao Covid

As Xornadas de Sanxenxo na Historia convertéronse nunha cita indispensable no calendario cultural do verán do municipio. O alcalde, Telmo Martín, xunto á concelleira de Cultura, Paz Lago, e membros da Asociación Cultural de Estudos Locais (Aelos) presentaron esta mañá o programa da undécima edición no salón de plenos.

Martín destacou "a calidade" dunha cita que este ano cambia de dirección organizativa con Alberta Lorenzo á fronte e que se celebrarán os días 26, 27 e 28 de agosto no Pazo de Emilia Pardo Bazán para garantir a distancia de seguridade e cumprir as medidas sanitarias anti-covid.

A presidenta de Aelos, Alberta Lorenzo, xunto ao vicepresidente, Rafael Fontoira e a secretaria, Angeles Marcos, encargáronse de debullar a programación das xornadas e de desvelar a premiada desta edición. A actividade desenvolverase ao redor de tres mesas redondas que darán comezo ás 20 horas. A primeira versará sobre "Personaxes de Sanxenxo nas Indias" na que participarán Isidoro Sabell e Victoriano Otero. A segunda sesión, o xoves 27 de agosto, estará dedicada á "Arquitectura de Sanxenxo" con Alberta lorenzo e Juan Mario Crecente como relatores. As xornadas concluirán cunha mesa redonda dedicada a "Emilia Pardo Bazán e Sanxenxo". Serán Anxos Marcos e Marcelino Agís os que se encarguen de profundar na biografía e obra da escritora coa presentación do libro "Dona Emilia: A escritora en Miraflores" e o proxecto "Roteiro Emilia Pardo Bazán".

O broche de ouro das xornadas será o recoñecemento a Ana Cancela Murás a quen o xurado acordou entregar o galardón de Sanxenxo na Historia "pola súa labor ao fronte do Seminario de Estudos Locais e pola súa destacada traxectoria artística ao fronte de Belas Artes". A concelleira Paz Lago destacou o lado humano da premiada nesta edición. "Ana Cancela fixo un gran traballo no Seminario de Estudos Locais, pero tamén gustaríame recoñecer a súa faceta persoal, unha muller sempre voluntaria e disposta a traballar por Sanxenxo en calquera actividade de índole cultural e social. Un traballo constante e sempre dende a sombra", apuntou Paz Lago.

0
0
0
s2sdefault