Concello de Sanxenxo - CATRO DAS SEIS ILLAS DE COLECTORES PREVISTAS EN PORTONOVO ENTRARON ONTE EN FUNCIONAMENTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Catro das seis illas de colectores semisoterrados previstas en Portonovo entraron onte en funcionamento na Perla, o recinto portuario, o parque de O Espiñeiro e nas proximidades do cemiterio de Adina. Á posta en marcha destas novas áreas de depósito de residuos que inclúen colectores de orgánico, cartón, vidro e envases sumaranse nas próximas semanas outras dúas, unha en Rafael Picó e outra na estrada da Lanzada. O investimento previsto no seis illas é de 61.710 euros.
 
O concelleiro de Promoción Económica, Marcos Guisasola, e a edil de Facenda, Paula Martínez, supervisaron a apertura e o bo funcionamento das illas que xa poden ser utilizadas. O obxectivo do goberno é continuar coa mellora das taxas de reciclaxe e facilitar aos veciños que sigan colaborando para conseguir un municipio referente no punto de vista do coidado do medio ambiente.
Deste xeito, a área que dirixe Juan Deza manterá a súa aposta pola substitución dos colectores de recollida traseira, un modelo que se quedou obsoleto, pola súa escasa capacidade de 800 litros fronte a unha capacidade media de 5.000 litros que ofrece o semisoterrado. Pero as maiores vantaxes, máis importantes agora se cabe pola alerta sanitaria, son a seguridade e hixiene que ofrecen os novos colectores cos que se evitan os malos cheiros, ao quedar depositada o lixo baixo terra, e os problemas de hixiene que xeran os de carga traseira cando se deixan abertos ou cando as bolsas sobordan.
0
0
0
s2sdefault