Concello de Sanxenxo - A FACTURACIÓN DO ALUGUER DE AMARRES CRECE NO PORTO DEPORTIVO JUAN CARLOS I UN 37% ATÉ XULLO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O porto deportivo, Juan Carlos I, xestionado por Nauta Sanxenxo, mantivo durante o pasado mes de xullo unha ocupación media do 90% das prazas de aluguer. É, precisamente, o arrendamento dos amarres o que, a pesar da alerta sanitaria, permitiu a Nauta Sanxenxo incrementar a facturación un 37% no primeiros sete meses do ano respecto de 2019, ao pasar de 40.550 a 64.249 euros en 2020. Un servizo que se consolidou en agosto coa reserva das 25 prazas de amarre en aluguer dispoñibles e cunha estancia media de 20 días por embarcación.

A baixada do tráfico internacional en xullo fixo que os datos de tránsito, unha estancia menor a 15 días, sexan un 21,74% inferior respecto ao mesmo período de 2019. Un total de 126 embarcacións (93 españolas e 33 estranxeiras) recalaron no porto deportivo Juan Carlos I o pasado mes. A facturación do tránsito durante o sete primeiros meses ascende a 10.440 euros, unha cifra lixeiramente inferior á rexistrada no mesmo período de 2019, 13.809 euros. Francia, Portugal e Alemaña seguen sendo as bandeiras que máis se repiten nos pantaláns nos que tamén se poden ver británicas, neerlandesas, suecas, suízas ou belgas.

En canto ao tipo de embarcacións que recalaron en xullo no porto deportivo, a maioría son a motor, 67, fronte ás 59 de vela. Os datos de rexistro revelan tamén un repunte nos barcos de máis de 11 metros de eslora, un tamaño maior que o que habitualmente atracaba no Juan Carlos I.

Medidas de seguridade
Nauta Sanxenxo activou un protocolo con medidas anti-Covid para garantir a seguridade nas instalacións do porto deportivo coa limpeza e desinfección cada dúas horas de todos os espazos comúns. O uso da máscara é obrigatorio desde o inicio do estado de alarma en todo o porto excepto na embarcación. Medidas que se converteron nun atractivo máis para os que elixen o porto para recalar e gozar de todos os servizos dispoñibles entre os que se atopa ademais de reposición e reparación, lavandaría, aseos e duchas.

0
0
0
s2sdefault