Concello de Sanxenxo - A ADEAC FELICITA A SANXENXO POLA LIMPEZA NAS SÚAS PRAIAS E POLA FIGURA DOS INFORMADORES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un informe emitido o pasado 12 de agosto, tras unha inspección nos 17 areais con bandeira azul, destaca a hixiene nos baños

A limpeza das praias e a figura dos informadores foron motivo de felicitación por parte da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) nun informe emitido o pasado 12 de agosto tras unha inspección dos 17 areais con bandeira azul. No mesmo documento requírese ao Concello que inclúa no mapa de servizos da praia a localización dos colectores de recollida selectiva e un panel de información sobre as actividades de educación ambiental ou a web onde se poden consultar.

O esforzo realizado polo Concello de Sanxenxo este verán en materia de seguridade sanitaria coa dotación de 52 informadores nas praias de bandeira azul, así como a limpeza cada hora e media dos baños foi recoñecido polo colectivo ambiental no seu apartado de felicitacións. "Destaca a limpeza dos servizos hixiénicos e os propios WC das praias. Tamén a presenza de persoal específico que asesora aos usuarios da praia no tema do Covid 19 e outros temas relacionados, así como o persoal que recolle plásticos pola zona", recolle o informe.

Durante a visita a Sanxenxo, desde o 31 de xullo até o 5 de agosto, o responsable da inspección aplaudiu a retirada das papeleiras dos areais como medida de seguridade sanitaria que evita o desbordamento de lixo no areal, os malos cheiros e posibles focos de infección. Unha medida que se manterá no tempo dados os bos resultados e a resposta cívica dos bañistas.

Outra recomendación da Adeac que Sanxenxo seguiu este verán foi clausúra dos lavapés porque ditas instalacións supoñen non só un gasto de auga senón un posible foco de contaxios innecesario por posibles virus nos pulsadores e nas reixas dos mesmos.

A Adeac distinguiu este ano a Sanxenxo con 28 distintivos, ademais das bandeiras azuis e os sendeiros, os portos deportivos e o club náutico, unha distinción temática en "Socorrismo e Primeiros Auxilios".

0
0
0
s2sdefault