Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVA E AMPLÍA O VALADO PERIMETRAL DO RÍO BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mellorar a seguridade e embelecer a contorna do río Baltar son os dous obxectivos que se perseguen coa ampliación e renovación do valado perimetral. A actuación deu comezo a pasada semana e terá un custo de 39.997 euros. O 80% estará financiado polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e o 20% polo Concello de Sanxenxo.

O valo combina dous materiais, madeira natural e madeira tecnolóxica, de maior resistencia e duración. Os traballos tamén levan a retirada do valo que se substitúe que nalgúns tramos estaba rota co consecuente risco de caída para os viandantes e mesmo vehículos que transitan pola zona.

 

0
0
0
s2sdefault