Concello de Sanxenxo - OS SOCORRISTAS REALIZARON 2.886 INTERVENCIÓNS DURANTE O MES DE AGOSTO NOS AREAIS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os socorristas realizaron preto de 3.000 intervencións de distinto tipo durante o mes de agosto nos areais de Sanxenxo. As incidencias máis numerosas no oitavo mes do ano foron as picaduras de faneca con 565 atencións, das que 130 rexistráronse en Montalvo, 72 en Canelas e 70 en Silgar. Ás casetas de emerxencias dos areais acudiron tamén 77 bañistas por picaduras de insectos.

Outras das intervencións realizadas polos socorristas foron os rescates tanto a bañistas como a embarcacións. En total, actuaron en 30 situacións deste tipo durante o mes de agosto nas que se inclúen 8 auxilios a outras tantas embarcacións e a evacuación dun barco.

Aos avisos a bañistas en situación de perigo sumouse este ano as advertencias por incumprimentos do bando de praias emitido pola alerta sanitaria na que entre outras cuestións prohíbense os xogos en equipo, as comidas con utensilios na praia e a obrigatoriedade da máscara para pasear ou moverse da toalla. Detectáronse durante o mes de agosto ata 772 desobediencias de distinto tipo. Montalvo volveu encabezar a clasificación con 340.

Os socorristas e sanitarios realizan, ademais de atender en distintas circunstancias ás persoas que acoden aos areais, recollidas puntuais de residuos de diverso tipo que a través de diferentes medios recalan nas praias, vía marítima ou terrestre. Neste caso, o maior número de actuacións deste tipo rexistráronse en Major, 67, seguida de Pragueira, 62 e Montalvo, 37, dun total de 237.

Esta fin de semana conclúe o servizo de socorrismo e salvamento nas praias de Sanxenxo onde desde o 1 de setembro mantíñase aínda en Areas, Canelas, Montalvo e Silgar. O balance a dous días de que conclúa a atención nos areais de Sanxenxo é moi positivo xa que non se tivo que lamentar ningún suceso tráxico este verán.

0
0
0
s2sdefault