Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE REMODELACIÓN E MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos inclúen a renovación dos aseos que se adaptarán a persoas con mobilidade reducida, o revestimento das bancadas e a limpeza da fachada

As obras de remodelación interior e exterior prevista na praza de abastos de Portonovo xa están en marcha. Os traballos inclúen novos aseos adaptados a persoas con mobilidade reducida, con todas as instalacións necesarias, un novo revestimento dos postos de venda de peixe, a renovación dos remates de cuberta de aluminio, o cambio de reixa da porta principal de acceso, a limpeza de pedra en fachadas e hidrofugado da mesma, o selado de novo de carpintarías exteriores e o pintado de paramentos interiores. Os traballos que deron comezo polos baños están a realizarse durante as tardes para non afectar o transcurso normal da actividade de venda das instalacións.

O proxecto contempla o levantamento dun tabique de ladrillo dobre oco e con armazón metálico de chapa grecada preparado para aloxar a folla dunha porta corredera simple e de madeira para dotar as instalacións dun aseo adaptado. En canto á limpeza da fachada realizarase con chorro de auga a presión e aplicaráselle un tratamento protector. O prazo de execución é de dous meses. A obra está valorada en 41.245 euros e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Sanxenxo.

En canto á futura nova praza de abastos de Sanxenxo, o Concello ultima a conformación do xurado do concurso de ideas que decidirá cal das 67 propostas recibidas será a elixida para o deseño do novo mercado.

image002

0
0
0
s2sdefault