Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O curso dará comezo o próximo 5 de outubro no edificio de Usos Múltiples de Portonovo e as prazas son limitadas

O Concello de Sanxenxo mantén aberto até o vindeiro mércores día 30 o prazo de matrícula do novo curso para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). A formación destinada a alumnos maiores de 17 anos ofrece dúas modalidades: Mixta (presencial e telemática) ou a distancia.

Os interesados deben presentar a solicitude da prematrícula xunto a unha declaración responsable e a autorización do material fotográfico. Poderán facelo de forma presencial no edificio de usos múltiples de Portonovo de 20:30 a 22:30 horas cun aforamento máximo dúas persoas ou remitir a documentación a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A formalización da matrícula realizarase entre o 1 e o 2 de outubro e deberase presentar de forma online unha fotocopia do DNI e 2 fotos de tamaño carné. As prazas limítanse para a modalidade presencial a 24 alumnos, doce por cada ámbito, e a 35 na modalidade telemática. Aplicaranse unha serie de criterios por se fose necesario realizar unha criba entre os matriculados. Así, terán prioridade os matriculados en anos anteriores, os empadroados en Sanxenxo e seguirase a orde por data e hora da prematrícula.

0
0
0
s2sdefault