Concello de Sanxenxo - AS BIBLIOTECAS DE SANXENXO REABREN O LUNS PARA LECTURA CON NOVOS HORARIOS E PROTOCOLO DE SEGURIDADE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo e Portonovo retoman os seus servizos para consulta con aforamento limitado e con cita previa obrigatoria

As bibliotecas municipais volven aos poucos a normalidade retomando servizos, con novos horarios e un estrito protocolo anticovid. Aos préstamos e devolucións de libros sumaranse, a partir do próximo luns, nas bibliotecas de Sanxenxo e Portonovo a reapertura da sala infantil, cun uso limitado á unidade familiar de 15 minutos; do servizo de internet con cita previa e un usuario por quenda con estancia máxima de 30 minutos e da lectura de prensa con dúas prazas por biblioteca e un tempo máximo de 30 minutos. Volverá tamén a estas dúas bibliotecas a lectura en sala e a consulta, pero será con sistema de cita previa obrigatoria e cun tempo máximo dunha hora. O aforamento para este servizo será, no caso de Sanxenxo, de 16 usuarios e no de Portonovo, de 4.

A Biblioteca de Vilalonga manterase con só préstamo e devolución ao non poder garantirse a ventilación necesaria que marca o protocolo de seguridade. O horario de apertura será, de 16 a 21 horas, os luns, martes, mércores e venres, mentres que o xoves permanecerá aberta, de 8:30 a 14:30 horas. A Biblioteca de Sanxenxo, con aforamento limitado a 30 persoas, abrirá de luns a venres pola mañá, de 9:30 a 13 horas, e de tarde, 16 a 19:30 horas. Os martes pola mañá permanecerá pechada. A Biblioteca de Portonovo, con aforamento máximo de 15 persoas, abrirá de luns a xoves pola tarde, de 16 a 21 horas, e os venres pola mañá, de 8:30 a 14:30 horas.

En canto ao protocolo de seguridade, será obrigatorio o acceso ao recinto sempre con máscara que deberá manterse durante todo o tempo que se permaneza na sala, así como o uso de xel desinfectante. Os usuarios disporán de xel en cada posto e deberán manter a distancia de seguridade de metro e medio durante a súa estancia.

APERTURA OUTONO BIBLIOTECAS 5 DE OUTUBRO definitivo.pdf

0
0
0
s2sdefault