Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZARÁ O COMEDOR CON DÚAS MONITORAS MUNICIPAIS PARA GARANTIR O SERVIZO EN TODOS OS COLEXIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade comezará o próximo 5 de outubro nos centros educativos da Florida, Vilalonga, Nantes e Telleiro

O goberno local chegou a un acordo coa empresa de catering dos comedores escolares, Arelas, para garantir o servizo en todos os centros educativos que así o requiriron. Os colexios de Nantes, con 9 nenos anotados, e Telleiro, con 11, non chegan este curso á cota mínima de 15 que marca a empresa para ofrecer o servizo.

Tras diversas conversacións con Arelas e as Anpas da Florida, Cruceiro, Nantes e Telleiro, o goberno local reforzará de forma excepcional este ano a atención do comedor con dúas monitoras municipais. Esta medida garante que nos centros antes mencionados haxa servizo de comedor este ano cando en 2 non se cumpría o cociente. Ademais, doutra banda, os dous centros que xa contan cun número de usuarios estable superior a 20, grazas a este acordo rebaixarán o cociente de segunda monitora de 24 a 20 sen custo adicional para as familias

"Entendemos que a conciliación laboral e familiar é unha necesidade que non se debe deixar de atender en ningún caso. Dixemos dende un primeiro momento que ibamos a colaborar en todo o que puidesemos aínda que non fose da nosa competencia directa como así o fixemos na limpeza do pavillón de Vilalonga. Agradecemos a disposición da empresa e, sobre todo, o esforzo e traballo das Anpas", apunta a concelleira de Educación, Paz Lago

O servizo dará comezo o próximo 5 de outubro cunha cota máxima mensual de 80,50 euros os cinco días; 64,40 euros, por catro días; 48,30, por tres días; 32,20, por dous días e 16,10, por un día, e unha cota mínima de 6 euros por día esporádico. A empresa de catering descontará o 25% da cota se o centro tivese que estar en corentena e con menos de 8 nenos suspenderá o servizo.

En canto aos outros dous centros municipais públicos, o CEIP Magaláns renunciou este ano ao servizo e o CEIP de Portonovo conta cun acordo coa empresa de catering propio.

0
0
0
s2sdefault