Concello de Sanxenxo - O XURADO ELIXE 17 PROXECTOS PARA A SEGUNDA FASE DO CONCURSO DE IDEAS DO NOVO MERCADO DE ABASTOS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A proposta gañadora darase a coñecer o próximo 23 de novembro
 
O xurado do concurso de ideas para o novo mercado de abastos de Sanxenxo reuniuse por videoconferencia para realizar a primeira criba dos sesenta e tres proxectos presentados. En total, preseleccionáronse 17 propostas das que sairá a idea gañadora.  
 
O proxecto base contempla a construción dun edificio de cinco plantas e dous sotos, así como o acondicionamento da contorna e das rúas adxacentes. O orzamento inicial é de 4.512.329 euros.
 
As propostas preseleccionadas sitúan o espazo do mercado entre a planta baixa e a primeira, e proxectan, na maioría dos casos, un miradoiro na cuberta con zona de restauración. O xurado incidiu, durante o encontro, na importancia de que o edificio funcione de forma autónoma os días nos que non haxa mercado, é dicir, que se poida acceder á biblioteca ou á zona de restauración de forma independente. Tamén subliñou a importancia de que a proposta gañadora non se desvíe do orzamento contemplado nas bases do concurso.
 
A próxima semana cada membro do xurado seleccionará o seu sete propostas finalistas que serán debatidas o próximo 23 de novembro nun encontro que terá lugar na Sala Nauta e na que se decidirá o proxecto gañador. O primeiro premio está dotado con 20.000 euros, o segundo, con 6.000 euros e o terceiro, con 3.000 euros. Ademais, entregaranse ata catro accésits de 500 euros cada un. A proposta gañadora podería, se así o considera o Concello de Sanxenxo, ser a adxudicataria da redacción e dirección do proxecto.
 
 
0
0
0
s2sdefault