Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONMEMORA O 25-N CO VÍDEO "LIBRE COMO O MAR" CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo conmemora o Día Internacional contra a Violencia contra a Muller cun vídeo que busca ser unha alegato contra a desigualdade e calquera tipo de agresión verbal ou física contra a muller. Baixo o título "Libre como o Mar", a veciña de Noalla, Yolanda Martínez, pon voz e ilustra un vídeo de case tres minutos de duración no que se condena o machismo nas súas distintas variantes e incide na necesaria colaboración de todos para acabar con esta lacra social. O vídeo compartirase nas distintas redes sociais do municipio co obxectivo de lograr a maior difusión posible da mensaxe.
 
A mensaxe vinculada á ilustración que acompaña o vídeo terá continuidade no municipio xa que será a imaxe elixida para decorar o rocódromo do skatepark de Portonovo. "É un mural con motivos mariñeiros que ten como protagonista a unha muller. O seu pelo simula as ondas do mar desprendéndose dunhas redes, cunha estrela morada como símbolo dos malos tratos e coa frase: Libre como o mar", explica a autora. Na ilustración tamén aparecen as patas dun polbo morado co que se fai alusión á violencia de xénero "coma se tratásese dun maltratador que se afasta da muller". Ao fondo, un faro "como guía de esperanza do que saen raios de luz con palabras relacionadas coa temática". 
 
O Concello de Sanxenxo ten convocado un minuto de silencio diante do consistorio municipal e tamén nas oficinas de Servizos Sociais en Portonovo, en memoria de todas as vítimas de violencia de xénero deste ano, que superan xa as 40. Ademais, emitirá un manifesto institucional condenando calquera acto violento contra a muller e desde onte dúas pancartas colgan dos balcóns do Concello e da Casa de Don Fernando coas lemas "Sanxenxo pola igualdade" e "Sanxenxo contras as violencias machistas".
 
Esta mesma semana, o concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arousa, comezou coa repartición de auriculares nos colexios e nos centros de secundaria do municipio nos que levou a cabo o proxecto "Educación en igualdade e afectivo sexual: Saber querer, saber querernos".
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault