Concello de Sanxenxo - AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS REFORZAN O SEU FONDO BIBLIOGRÁFICO CON MÁIS LIBROS DE LECTURA ESCOLAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Durante a tempada do Nadal a de Sanxenxo cambia o seu horario ás mañás e a de Portonovo e Vilalonga manteñen a súa apertura pola tarde
 
As bibliotecas municipais reforzaron este ano a compra de libros de lectura escolar para tratar de responder a unha demanda que é cada vez maior e que se acrecentou coa pandemia. Aproveitando que o orzamento destinado á adquisición de exemplares ascendeu a 6.000 euros, grazas a unha subvención extraordinaria outorgada aos centros municipais, as bibliotecas puxeron o seu gran de area para colaborar coas familias e ampliar o repertorio de lectura escolar sen descoidar outros xéneros
 
A situación sanitaria non permitiu a estancia en sala até o pasado mes de outubro cando comezou a atención cun estrito protocolo anticovid que se segue mantendo na actualidade, incluída a corentena dos libros de préstamo.  A partir do día 23 de decembro e até o 8 de xaneiro, a Biblioteca de Sanxenxo pasa a horario só matinal de 8:30 a 14:30 horas, mentres que Portonovo e Vilalonga manteñen o seu horario de tarde actual. Os días 25 e 31, así como a tarde do día 5 permanecerán pechadas.
 
 
0
0
0
s2sdefault