Concello de Sanxenxo - A OBRA DO LOCAL SOCIAL DE GONDAR CONTA XA CO 90% DA ESTRUTURA DO EDIFICIO CONSTRUÍDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, supervisou as obras do edificio que avanzan a bo ritmo
 
Gondar está cada vez máis preto de contar co novo local social. As obras que arrincaron o pasado mes de novembro avanzan a bo ritmo, algo que puido constatar o alcalde, Telmo Martín, durante unha visita esta mesma semana á zona. Apenas dous meses do inicio das obras e, pese ao parón do Nadal, o 90% da estrutura de formigón do edificio xa está executada.
 
A adxudicataria Vipeca, Obras e Servizos é a encargada de executar un edificio dunha soa planta de 183 metros cadrados que se distribúe nun vestíbulo de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e un almacén.
 
Así mesmo, está previsto urbanizar o exterior cun aparcadoiro e unha zona verde garantindo a accesibilidade. A edificación conta con dúas fachadas sobre rasante, polo cal as outras dúas prevense enterradas en dous dos seus lados.
 
O proxecto permite a integración da edificación proxectada na contorna da chaira pétrea (de recente construción) existente e lindante coa Capela de Santo Tomei de Gondar. A distancia entre a edificación do local e a capela, medidos entre os extremos máis próximos de fachadas, é de 25 metros.
 
O proceso de licitación deu comezo en xuño despois de que a comisión de festas efectuase a modificación catastral da parcela que permitiu elevar a escritura pública a cesión. Os traballos, valorados en 254.000 euros, realizaranse con cargo ao Plan Concellos e responden a unha vella demanda veciñal en Vilalonga.
 
0
0
0
s2sdefault