Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVARÁ A FROTA DE VEHÍCULOS DA POLICÍA LOCAL E REFORZARÁ A DE SERVIZOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O contrato sairá a concurso pola modalidade de renting por 246.840 euros e cunha duración de catro anos
 
O Concello de Sanxenxo renovará a frota de vehículos da Policía Local e reforzará a de Servizos cun contrato de renting para o próximos catro anos que sairá a licitación por 246.840 euros. A modalidade de aluguer destes 7 vehículos supón unha vantaxe porque inclúe o mantemento integral, reparación e seguro a todo risco sen franquía durante o período do contrato. 
 
A Policía Local conta cunha frota formada por cinco vehículos cunha media de antigüidade de 11 anos, que se substituirán agora, e un furgón de ateigados adquirido o ano pasado. O goberno continúa con esta renovación profundizando na modernización e reorganización da Policía Local iniciada nos últimos anos. Ao persoal actual conformada por 23 axentes sumáronse este verán dous policías e un oficial en comisión de servizos.
 
Nos últimos meses adquiriuse dous escáners lector de matrículas que facilitan e axilizan as supervisións dos vehículos que entran e saen do municipio durante os operativos rutinarios. Un sistema que cobra, se cabe, unha maior importancia nos controis perimetrales que obriga a actual situación sanitaria. 
 
Co mesmo obxectivo de modernización e reducir até o 80% de papel, o Concello dotou ao corpo dunha nova ferramenta informática, Xespol, que permitirá mellorar e facilitar o traballo diario policial. Entre as distintas aplicacións deste software atópase a posibilidade da creación dunha base de datos con informes, partes diarios e atestados de tráfico, accidentes ou controis de drogas e alcol. 
 
A implicación coa loita contra a violencia machista fixo que hai unhas semanas o Concello de Sanxenxo renovase o contrato Viogén coa Subdelegación do Goberno no que a Policía Local reforza o seu papel no control e vixilancia das vítimas.
 
Entre marzo e abril, Sanxenxo formará gratuitamente auxiliares de policía co obxectivo de que adquiran un maior coñecemento de municipio e profundizar na profesionalización do servizo durante os meses de verán. 
 
O departamento de Servizos tamén será reforzado cunha furgoneta e un vehículo.
 
 
 
 
Descargas:
Download this file (INSCRIPCIÓN PARTICIPACIÓN.pdf)[PDF] INSCRICIÓN PARTICIPACIÓN[[PDF] INSCRICIÓN PARTICIPACIÓN]
0
0
0
s2sdefault