Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONFIRMA O SEU CARÁCTER EMPRENDEDOR CUNHA TAXA DE CRECEMENTO EMPRESARIAL QUE ROZA O 3% EN 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cifra de Sanxenxo triplica a media galega (0,47%) e supera en máis de dúas veces a provincial (1,12%)
 
Sanxenxo incrementou nun 2,94% a cifra de empresas, até as 1.934, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) nos que deu a coñecer as cifras do crecemento empresarial de 2019. Un dato que coincide coa evolución do consumo de auga nas actividades comerciais e industriais que creceu dos 324.482 m3 do 2018 aos 352.410 m3 (+8,5%) do 2019.  
 
O carácter emprendedor de Sanxenxo non é unha novidade, ao contrario, é unha longa tradición sen a cal nunca se podería converter no primeiro destino turístico do norte de España no verán. A cifra alcanzada por Sanxenxo supera amplamente a media galega (0,47%), a da provincia de Pontevedra (1,12%). Pero tamén a dunha cidade tan dinámica e puxante, economicamente falando, como é Vigo (1,30%), así como as cifras de Pontevedra (1,89%) e Vilagarcía de Arousa (1,64%).
 
O carácter emprendedor dos veciños de Sanxenxo permitiu que este concello conte coa principal rede de aloxamentos de norte de España. O dinamismo e a tenacidade das pemes locais fixeron que se perciba Sanxenxo como un destino seguro e que, non sen grandes dificultades, estean a ser capaces de aguantar as graves consecuencias económicas desta pandemia.        
 
As 1.934 empresas que ten Sanxenxo por sectores: 
  • 1.283 corresponden ao sector servizos
  • 338 agricultura e pesca 
  • 202 construción
  • 111 industria. 
Sanxenxo contaba en decembro de 2020 con 5.973 persoas dadas de alta na seguridade social e distribuídas por sectores: 
  • 4.198 en servizos (70%)
  • 644 en construción (10,8%)
  • 643 en industria (10,7%)
  • 455 en agricultura ou pesca (8.5%)
En momentos tan difíciles desde o punto de vista sanitario e económico vén moi ben coñecer datos tan alentadores que levantan a moral dos veciños e supoñen unha recarga de enerxía para poder superar a difícil situación económica que aínda queda por diante.   
 
0
0
0
s2sdefault