Concello de Sanxenxo - EL CONCELLO INICIA LAS CATAS DE TERRENO EN EL INTERIOR Y EXTERIOR DEL MERCADO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello iniciou esta semana as catas de terreo no interior e exterior do mercado de abastos de Sanxenxo dentro dos traballos previos para a elaboración do proxecto do novo edificio.  A empresa encargada de realizar o estudo xeotécnico realizará até seis puntos de perforación de entre 12 e 15 metros de profundidade para coñecer as características do terreo en relación co edificio previsto e a contorna onde se sitúa. Estes traballos, do mesmo xeito que o estudo topográfico previsto, realízanse para garantir a adecuación da futura estrutura podendo así dotar ao edificio de todos os criterios de seguridade e funcionalidade que o programa de usos require.
 
Unha vez que se dispoña do proxecto, valorado en 4,5 millóns de euros, o goberno iniciará a procura de financiamento entre as distintas administracións autonómicas, estatais e mesmo europeas.
 
A proposta gañadora, "Os luns ao sol", expón un edificio multifuncional acristalado que acollerá o mercado de abastos, un espazo gastronómico, a biblioteca municipal, salas de lectura e espazos polivalentes cuxos usos se irán definindo. A última planta está pensada como espazo gourmet. No soto do edificio prevese un aparcadoiro público.
 
0
0
0
s2sdefault