Concello de Sanxenxo - SANXENXO SÚMASE Á CAMPAÑA "RECICLA E ÚNETE AO RETO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo únese aos municipios que participan na campaña "Recicla e únete ao reto", posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes. O obxectivo é aumentar, desde o 1 de febreiro até o próximo 30 de abril, as cifras dos residuos do colector amarelo (envases de plástico, latas e bricks) un 10% respecto ao mesmo período do ano pasado.  
 
Ecoembes encárgase de medir o incremento de enchido dos colectores amarelos en cada municipio participante e farao público, polo menos unha vez ao mes, durante o período da campaña. Esta información ofrecerase na páxina web www.uneteaoreto.com
 
Se Sanxenxo logra superar o reto poderá elixir unha causa social, a acordar cos organizadores, aos que doará 2.000 euros. Trátase de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros pola vía da concienciación social cun final solidario. Ao longo do período da campaña, situarase nun lugar estratéxico de moito tránsito de peóns, un gran colector amarelo de 4 metros de alto e 2 de ancho. Actuará de chamada de atención e ao mesmo tempo será un magnífico soporte para incluír as instrucións do reto e animar á cidadanía a que se comprometa e participe.
 
0
0
0
s2sdefault