Concello de Sanxenxo - O ESTUDO XEOTÉCNICO EN 3D DA PRAIA MARCA O ARRANQUE DOS TRABALLOS DE REXENERACIÓN DA CARABUXEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O cronograma dos traballos de rexeneración da Carabuxeira púxose en marcha co estudo xeotécnico en 3D da praia e a batimetría. A tenente de alcalde, María Deza, acompañada de membros da empresa adxudicataria da actuación, Marcor Xove, visitaron o areal. 
 
"Comeza unha obra que se demorou non tempo con diversos trámites administrativos, pero que por fin hoxe da inicio cun estudo xeotécnico en 3D que indicará onde se debe depositar a area que logo se dragará para rexenerar a praia. Unha moi boa noticia, sen dúbida, para vos veciños e veciñas de Sanxenxo e  o propio goberno", indicou Deza. 
 
En canto aos prazos, a empresa prevé que conclúan en mes e medio, a condición de que a situación meteorolóxica o permita, ao tratarse de traballos no medio natural. A actuación prevé a extracción de 10.000 metros cúbicos de area nesta fase que se bombearán e se expulsaran a través dun tubo directamente sobre a praia. Posteriormente achegarnse outros 14.000 na fase definitiva que está en plena tramitación e que inclúe un paseo marítimo de 360 metros entre Panadeira, Lavapanos e A Carabuxeira que permitirá o tránsito peonil e o goce deste tramo de costa urbana
 
O xerente de Marcor Xove, Luís Martínez, destacou que os traballos previstos realízanse por primeira vez en Galicia. "Fixemos traballos similares, pero máis invasivos con pedra ou formigón, pero con inxectado de area é a primeira vez", asegurou. 
 
O groso dos traballos prevese que dea comezo na semana do 20 de febreiro coa chegada do barco e a colocación dos 70 metros lineais de geotubos téxtiles que funcionarán como diques naturais recheos de area da propia praia. Trátase da primeira actuación programada na praia desde 2003 na que se realizou un achegue da mesma area coa que se rexenerou Silgar.
 
Unha vez extraída a area, depositada no fondo do mar a uns metros do árido seco, realizarase, en primeiro lugar, o recheo dos 70 metros lineais de tubos xeotextís que servirán de dique natural. A continuación, bombearase á praia a través dun tubo que, movido cunha minipala en terra, encargarase de dirixir o depósito de area de forma ordenada.
 
A empresa Indrops encargarase de realizar o estudo e seguimento ambiental durante o transcurso das tarefas con polo menos tres tomas de mostras da calidade da auga antes, durante e despois da rexeneración. 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault