Concello de Sanxenxo - O PROGRAMA CONCILIA SANXENXO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade levouse a cabo o pasado verán no pavillón de Baltar

Co obxectivo de axudar aos veciños do municipio a compaxinar a vida familiar e laboral na tempada estival, a Concellería de Cultura e Educación puxo en marcha o pasado verán o programa "Concilia Sanxenxo". Un programa destinado a familias con nenos e nenas de entre 6 e 14 anos e onde os proxenitores debían xustificar a súa situación laboral activa durante os meses de desenvolvemento do programa.

De luns a venres e en horario de 8 a 14:30 horas, os nenos e nenas inscritos puideron desfrutar de diferentes actividades de ocio e tempo libre como xogos de procura, de movemento, de mesa, deportivos e de competición, manualidades, contacontos, saídas....

As actividades desenvolvéronse tendo en conta a situación xerada pola pandemia do Covid-19 e tomando medidas de hixiene e protección como: grupos fixos e estancos de ata 10 participantes, uso obrigatorio de máscaras, declaración diaria de saúde, control da temperatura e identificación de obxectos persoais evitando o seu traslado.

O Concello de Sanxenxo presentou este programa á convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra dirixidas a concellos de menos de 50.000 habitantes para a prestación de actividades de apoio ás familias para facerlle fronte ao impacto da Covid-19 durante o ano 2020 resultando beneficiario cunha cuantía de 8.700 euros.

0
0
0
s2sdefault