Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE SILGAR PRESENTARÁ ESTE VERÁN UNHA IMAXE RENOVADA CON MAIOR CALIDADE NO DESEÑO E OS MATERIAIS DOS QUIOSCOS E AS TUMBONAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Silgar é a praia máis concorrida e coñecida de Sanxenxo, até o punto de que se converteu nun emblema, con repercusión en Galicia e moito máis alá da comunidade autónoma. Un motivo de satisfacción para o municipio que conta ademais con máis dunha vintena de praias de gran beleza e encanto.
 
A situación sanitaria este verán será moi distinta, por tanto, non será necesario manter as cuadrículas de Silgar que o ano pasado convertéronse nun símbolo de seguridade que deu a volta ao mundo. Por suposto, Silgar e o resto das praias, seguirán sendo un exemplo de seguridade co mantemento de medidas, como a distancia de protección, a ordenación dos accesos, a información de aforamentos ou a desinfección dos servizos cada hora e media.
 
Silgar vai dispor de 8 accesos coa súa correspondente plataforma de madeira, das que dúas contasen coa máxima accesibilidade, ramplas de baixada e plataformas de fácil rodaxe. Ademais das pasarelas perpendiculares, haberá horizontais para acceder aos quioscos, os servizos e os postos de salvamento e socorrismo.   
 
O prego de condicións para adxudicar os quioscos será moito máis esixente que en anteriores ocasións. Os que aspiren á xestión destes servizos deberán propoñer un deseño moderno, con materiais e mobiliario de calidade e que respecte unha estética uniforme en todo o conxunto. Os dous quioscos de Silgar disporán, como no resto das praias, dun horario ampliado até as 12 de noite. Outra novidade, que terá que asumir o adxudicatario dos quioscos e as tumbonas, é a instalación de campos deportivos e zonas de xogos na parte superior do areal que pode ter un maior aproveitamento. 
 
A praia vai ter 192 parasoles e 384 tumbonas, distribuídas en 3 sectores cunha cor diferente caparaoles e 120 tumbonas, o sector 2 até 72 parasoles e 144 tumbonas e o sector 3 outras 60 parasoles e 120 tumbonas. En resumo, Silgar seguirá destacando pola súa seguridade e presentará, este verán, unha imaxe renovada e unha zona deportiva e de xogos.  
 
0
0
0
s2sdefault