Concello de Sanxenxo - AS PRAIAS DE SANXENXO VOLVERÁN A SER UN REFERENTE POLA SÚA SEGURIDADE E OFRECERÁN UNHA IMAXE RENOVADA CON EQUIPAMENTOS DE LECER
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A praia de Baltar en Portonovo contará cun amplo parque acuático flotante e campos de voleibol e fútbol praia
 
O goberno traballa na mellora da seguridade e a calidade dos servizos que ofrecerán as praias este verán. Neste sentido nas próximas semanas vanse a licitar os quioscos, tumbonas e outros servizos de 11 praias: Areas, Silgar, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Pragueira, Major, Foxos, A Lapa e A Lanzada.   
 
Nesta ocasión vaise a esixir aos concesionarios que as instalacións teñan un deseño e uns materiais de maior calidade dos que viña sendo habitual. Así como a obrigación de unificar a estética das antucas e tumbonas, que serán de cor area. Trátase de ofrecer unha imaxe renovada que identifique ás praias de Sanxenxo por un estilo común. Outra novidade é que os quioscos terán un horario máis amplo até as doce da noite, unha oportunidade para que os aspirantes melloren a calidade das súas ofertas.  
 
A praia de Baltar, a de maior capacidade en Portonovo, vai incorporar novidades relevantes este ano. Ademais do quiosco, a terraza e as tumbonas vaise a licitar a instalación dun parque acuático flotante de 2.000 m2 na marxe dereita da praia. 
 
Trátase dunha instalación ampla, a base de inchables con tobogáns, pontes, ramplas, camas elásticas, rocódromos ... Un espazo de recreo que poderá gozar toda a familia, a partir dos 5 anos, e que esperamos convértase nun revulsivo para a praia de Portonovo e a actividade hostaleira da súa contorna. Tamén está prevista a instalación dun campo de voleibol e outro de fútbol praia.    
         
Sanxenxo chegou a ter 17 praias con bandeira azul grazas a que nunca se conformou e cada ano tenta, na medida das súas posibilidades, mellorar os equipamentos e os servizos que ofrecen os seus areais. Por iso, o goberno cre que este ano é o momento de dar un novo impulso ás praias, dotándoas dunha imaxe e un estilo propio e incorporando, segundo as características de cada areal, novos equipamentos e instalacións.   
 
0
0
0
s2sdefault