Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVA O VALADO DA PRAIA DE BASCUAS E ULTIMA A NOVA PASARELA DE FOXOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O goberno continúa coa posta a piques dos areais e coa mellora dos accesos 
 
Bascuas contará nas próximas semanas cun novo valado que substituirá ao actual que se atopa moi deteriorado. O material que se está empregando é plástico reciclado que garante unha maior resistencia e durabilidad. En total, son 110 metros de valo que reforzarán a seguridade na contorna ademais de ofrecer unha mellor imaxe.
 
Mentres se realizan estes traballos, tamén se está renovando a pasarela de madeira de Foxos, unha actuación que concluirá esta semana e que se suma ás substitucións xa realizadas en Major e Pragueira. Montalvo será a próxima praia na que se actúe coa renovación total dun dos accesos ao areal que coincide coa baixada da zona dos cámpings.
 
0
0
0
s2sdefault