Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DERRUBA A ESTRUTURA DANADA DO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo ordenou o derribo da estrutura do edificio que se ía a destinar a centro sociocultural de Vilalonga, liberando desta forma a zona de O Revel dun claro exemplo de feísmo urbanístico. Os danos detectados na estrutura e na cimentación fixeron imposible que o goberno retomase o proxecto en 2019. Unha decisión avalada por informes técnicos e un sobrecusto de case 1,4 millóns de euros que suporía emendar os problemas estruturais tras máis de 11 anos de abandono. A pesar destas dificultades, o goberno continúa traballando para dotar aos veciños dun novo edificio sociocultural e mantén na súa folla de ruta un espazo social de convivencia.
 
As tarefas de demolición están xa practicamente concluídas, á espera da derriba dunha parede e da retirada de cascallo. Deste xeito, a zona estará xa completamente libre para cando comecen os traballos de urbanización que se prevé que comecen nuns, días e suporán un importante embelecemento do espazo. A empresa Covsa, cunha oferta económica de 1.241.968 euros, será a encargada de executar o proxecto e realizará todas as melloras recollidas no prego e que ten que ver coa iluminación e a xardinaría da zona verde.   
 
O proxecto de urbanización contempla catro viarios, con dous carrís de 3 metros, unha rotonda, que axudará a achegar fluidez ao tráfico e a dotación de 84 prazas de estacionamento. As beirarrúas previstas terán unha anchura mínima de 2 metros e unha máxima de 4,5 metros. A obra contempla a mellora do saneamento, abastecemento e subministración de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación pública, así como as infraestruturas telefónicas e de telecomunicacións. O proxecto conta cun apartado propio para o tratamento dos espazos libres e para a protección dun pequeno regato, a flora e fauna existente na contorna.
 
0
0
0
s2sdefault