Concello de Sanxenxo - MARTÍN ANALIZA CON CONDE O TRASLADO DA SUBESTACIÓN ELÉCTRICA DE VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Técnicos da Consellería de Industria analizarán a posibilidade de soterrar a liña e unha localización idónea para a instalación
 
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, mantivo un encontro co conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, en Santiago no que abordaron a proposta do Concello de trasladar a subestación eléctrica de Vilalonga, entre outras cuestións. Técnicos do departamento autonómico analizarán un posible soterramento da liña e unha localización idónea para a instalación.
O goberno mantén o seu compromiso cos veciños de Vilalonga da saída da subestación eléctrica do núcleo urbano da vila, pero incide en que se trata dun obxectivo complexo no que ademais das administracións local e autonómica está implicada a empresa subministradora, Naturgy. Martín confía en poder lograr o traslado durante este mandato e recuperar esa zona de case 2.000 metros cadrados para o goce dos veciños. No caso de que non se poida completar na súa totalidade, deixarase xa moi avanzado o traslado.
Durante o encontro, tamén se abordou o proxecto do futuro novo mercado de Sanxenxo. O alcalde expuxo ao conselleiro un convenio para financiar un proxecto de en o que tamén estarían implicadas outros departamentos autonómicos debido aos usos social e cultural que tamén albergará o edificio. A intención do goberno é conseguir o apoio do maior número de administracións.
Outro dos asuntos tratados na reunión foi ao aforro enerxético da iluminación pública no que o goberno xa está a traballar e que actualmente supón un custo de 400.000 euros ao ano. O conselleiro ofreceu ao alcalde o asesoramento dos técnicos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para analizar as mellores opcións.
 
 
0
0
0
s2sdefault