Concello de Sanxenxo - ARRANCAN OS TRABALLOS DE DRAGADO E BOMBEO DE AREA Á PRAIA DA CARABUXEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O director do proxecto e da actuación, Fernando López, destaca que se trata duns "traballos pioneiros" en España
 
O alcalde, Telmo Martín, acompañado do enxeñeiro director do proxecto, Fernando López, supervisaron os traballos de bombeo e dragado de area á praia da Carabuxeira. A actuación céntrase agora nun dos laterais rochosos da praia na que se comezou o depósito de árido que servirá de leito do primeiros sete metros de tubo xeotextil, un dique natural que evitará a saída de area da praia. A tarefa prolongarase durante os próximos días nese punto coa expulsión de auga e area a un 60 e 40%, respectivamente, e a continuación comezará o recheo do propio tubo con area e o depósito nos distintos enclaves da praia.
 
O alcalde mostrou a súa satisfacción cunha actuación que cualificou de "histórica e moi demandada polos veciños do municipio" tras máis de vinte anos de espera. "Vanse a depositar nesta primeira fase 10.000 metros cúbicos de area da propia praia, é dicir, para que a xente enténdame, un equivalente a 1.000 camións de 20 toneladas de árido", explicou. Martín confía en que os traballos conclúan a finais de maio ou principios de xuño para que o areal poida ser gozado na tempada estival. "Quero agradecer tanto a Portos como a Costas que xunto ao Concello formabamos unha comisión de traballo o seu esforzo e o seu traballo para que esta actuación poida ser hoxe unha realidade. É unha clara mostra de que coa colaboración entre administracións pódese sacar adiante moitos proxectos", sinalou.
 
O enxeñeiro director do proxecto e agora da obra, Fernando López, sinalou que os traballos de rexeneración desenvolveranse en dúas fases nas que se alcanzarán os 25.000 metros cúbicos de area. "Agora vaise a completar a primeira fase, moi importante, porque nos vai a dar unha primeira zona de praia seca estable e protección a través dos xeotubos. Na segunda fase, os diques xa serán definitivos", indicou. López incidiu, ademais, de que se trata dunha actuación común en países do norte de Europa ou o Caribe, pero "nova e pioneira" en España. 
 
0
0
0
s2sdefault