Concello de Sanxenxo - O CONCELLO HUMANIZARÁ A RÚA UNIÓN E VIARIOS ADXACENTES CUN PROXECTO VALORADO EN CASE 300.000 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo humanizará a Rúa Unión e os viarios adxacentes, situados na parte traseira do consistorio municipal, valorado en 287.277 euros que servirán para mellorar a accesibilidade e a imaxe dunha contorna actualmente en mal estado. A actuación estará financiada a través do Plan Concellos da Deputación.
Trátase dunha zona céntrica moi deteriorada, con pavimentos de formigón en masa e lousas de cemento, moi deteriorados, con moi mala iluminación e deficiencia nos servizos. O obxectivo deste proxecto é mellorar toda a contorna, a base de pavimentos de pedra, dotación de servizos, nova iluminación e introducir zonas de axardinamento para converter este espazo nunha zona atractiva e recuperable para a vida urbana.
Para o novo pavimento utilizaranse laxas de granito sobre soleira de formigón e escaleiras de granito macizo. Para a recollida de augas pluviais nas zonas baixas do espazo público, instálanse canaletas con rejilla, así como rede de pluviais que se conectarán a diferentes rúas adxacentes, segundo as pendentes de evacuación.
Instalarase unha nova iluminación, que permita unha mellora da iluminación actual que é moi deficiente, con luminarias tipo led de aluminio coas que se logrará unha maior eficiencia enerxética. 
Así mesmo, colocaranse en distintos puntos macetas de diferentes cores que permitirán un axardinamento da zona con variadas especies arbustivas e plantas. Este importante tratamento vexetal da zona axudará a mellorar a imaxe desta contorna.
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault