Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONTRATA A ÚLTIMA FASE DO PAZO DE QUINTÁNS PARA PÓR EN MARCHA O CENTRO DA CULTURA GASTRONÓMICA DAS RÍAS BAIXAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 A actuación terá un custo superior aos 600.000 euros e culminará coa posta en valor do BIC tras a rehabilitación efectuada no edificio principal e o de servizos
 
O goberno dá un paso máis na posta en valor e recuperación de Pazo de Quintáns, declarado Ben de Interese Cultural en 2017, coa contratación dun proxecto integral da contorna da finca que conta cunha superficie de 9.034 metros cadrados e unha parcela anexa que se acondicionará como estacionamento.
 
Tras unha primeira actuación de rehabilitación do edificio principal e o de servizos, o Concello quere pór en marcha a segunda fase para lograr a recuperación plena do conxunto que permita acoller o primeiro Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas. O proxecto de recuperación e posta en valor da contorna do Pazo que está a elaborar o arquitecto Carlos Berride resume en sete puntos crave unha actuación que ten un custo estimado superior aos 600.000 euros:
 
  • Creación dun espazo cuberto para eventos no exterior.  Co obxectivo de crear un espazo multidisciplinar que permita compatibilizar o uso interior e exterior para eventos de distinto tipo, o proxecto contempla a creación dun espazo cuberto de 600 metros cadrados de superficie con capacidade para albergar máis de 400 persoas. Esta instalación cuberta situarase nunha parcela de case 4.000 metros cadrados que se ajardinará con especies que axuden a potenciar a súa riqueza natural e contará con iluminación propia.

 

  •  Mellora de acceso e dotación de aparcadoiro. A actuación prevé a adecuación do camiño de acceso, a creación de aparcadoiro para aproximadamente 30 vehículos que garanta a maniobrabilidad de vehículos, minibuses e furgonetas. Os traballos consistirán na execución dun pavimento empedrado ou de formigón cepillado, dotación de iluminación e delimitación dos estacionamentos.
 
  •  Recuperación do xardín botánico. O proxecto recuperará o xardín botánico coas especies existentes no orixinario. Habilitaranse carreiros de grava ou zahorra compactada, limitados mediante mirtos de porte mediano, con iluminación en chan e mediante balizas de aceiro corten para o seu homogeneización co conxunto. De igual maneira rehabilitaranse e recuperarán os elementos pétreos presentes no xardín, consistentes nunha fonte, un pedestal e un conxunto de mesa e bancos.
 
  • Limpeza de muros e apertura de ocos para optimizar o tránsito peonil. Nesta segunda fase actuarase nos muros do Pazo cunha profunda limpeza, a apertura de ocos para optimizar o tránsito peonil polo interior e a instalación de carpintaría de aceiro corten para continuar a estética da primeira fase da obra. Tamén se realizará un saneamento xeral do muro de pastas situado no linde norte do Pazo.                                                                                                                                                                                                                       
  •  Posta en valor e optimización do hórreo. Nesta fase final culminarase a rehabilitación do hórreo xa iniciada na primeira fase co cambio da cuberta e a limpeza da pedra. Substituiranse as doelas, actualmente de ladrillo, por táboas de madeira. A execución da carpintaría interior incluirá madeira e vidro, con partes movibles, para mellorar a ventilación. Dotarase de auga e electricidade para convertelo nun almacén versátil.                                                                                                                                                                 
  • Posta en valor do "parladoiro". Execución de escaleiras, varandas e iluminación para o acceso ao "parladoiro" presente no muro inmediato ao xardín botánico.                           
  • Instalacións de sistemas de seguridade. Instalación e posta en funcionamento de sistemas de videovixiancia en todo o conxunto do Pazo.
 
 
 
0
0
0
s2sdefault