Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORA A ILUMINACIÓN DO ACCESO Á PRAIA DE AREAS CON DOCE NOVAS LUMINARIAS TIPO LED
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A posta a punto do municipio continúa coa limpeza intensiva de espazos públicos e a reparación dos bancos de madeira
 
O Concello de Sanxenxo acaba de instalar doce novas luminarias tipo led no viario de acceso á praia de Areas. Trátase dunha zona moi transitada tanto por veciños como por visitantes durante todo o ano que gozan da fachada marítima do areal. Os novos farois suporán un importante aforro tanto en mantemento como en eficiencia enerxética. Esta mellora súmase ás xa realizadas até durante este ano nos accesos das distintas praias do municipio como Major, Pragueira, Foxos, Bascuas e, proximamente Montalvo, con novas pasarelas de madeira e colocación de novos valados en Foxos e Bascuas. O investimento de todas estas actuacións supera os 40.000 euros.
O Concello iniciou hai xa semanas a posta a punto do municipio coa limpeza dos espazos públicos á que se sumou tamén a reparación dos bancos de madeira situados en distintos puntos de Sanxenxo e Portonovo. Os traballos de limpeza concéntranse nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta. Na lista inclúense as rúas e zonas máis trasitadas que requiren unha maior atención.
 
Os traballos realízanse mediante furgón, cun depósito GRG e hidrolimpadora a presión, previo pulverizado de clorito nas zonas de verdín. Nalgúns espazos non se aplica o baldeo coa hidrolimpadora, pero se se pulveriza ou se aplica o clorito e herbicida para eliminar o verdín ou as malas herbas.
 
0
0
0
s2sdefault