Concello de Sanxenxo - A PRAIA DA CARABUXEIRA REABRE CON NOVA IMAXE TRAS COMPLETARSE A PRIMEIRA FASE DE REXENERACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tras varios meses de traballo, a praia da Carabuxeira reabre hoxe con nova imaxe tras completarse con éxito a primeira fase de rexeneración. O árido depositado, procedente da propia praia, permitiu que o areal urbano recupere o seu perfil e calzar os muros das vivendas próximas. Unha achega que levou parella a colocación duns tubos xeotextiles que actuarán como dique natural para impedir a saída do árido da praia. A solución, pioneira en España, é habitual en países do norte de Europa onde os temporais azoutan con dureza durante os meses de inverno. 
 
Nas últimas semanas a area extraída mediante unha draga foi colocándose e distribuíndo con pas escavadoras ao longo da praia marcando un perfil e unha cota que se irá modificando de forma natural até a súa completa estabilización no areal. Trátase dunha primeira fase dun proxecto integral que desde o pasado 15 de abril xa se atopa en tramitación ambiental. No proxecto definitivo súmanse outros 14.000 metros cúbicos de area e inclúese un paseo marítimo de 360 metros entre Panadeira, Lavapanos e A Carabuxeira que permitirá o tránsito peonil. Neste caso substituiranse eses xeotubos provisionais por unhas ramplas de mampostería, de formigón e dique, que quedarán semisumerxidas.
 
Lavapanos é o próximo areal no que o Concello prevé actuar antes do verán que vén cunha achega de area. Para a solución temporal desta praia, Nauta atópase tramitando un informe de compatibilidade de estratexias mariñas e a posterior autorización en Costas co obxectivo que a rexeneración deste areal estea listo a próxima primavera.
0
0
0
s2sdefault