Concello de Sanxenxo - SANXENXO COBRE 90 PRAZAS DAS ESCOLAS INFANTÍS E MANTÉN EN LISTA DE ESPERA A 9 ALUMNOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este luns 21 de xuño as familias de novo ingreso poderán ir coñecer as instalacións de 17 a 18 horas
A concellaría de Educación publicou as listas definitivas dos 90 admitidos e dos 9 alumnos en lista de espera para o próximo curso nas escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel. A relación dos alumnos pode consultarse nos taboleiros de anuncios dos centros e no de edictos da sede electrónica municipal. Nestes momentos hai lista de espera con dous alumnos nas aulas de 1-2 da EIM O Revel e de 7 alumnos na EIM O Tombo, pero aínda quedan prazas nos grupos 0-1 e de 2-3 da EIM O Revel e no grupo 0-1 da EIM O Tombo. Co obxectivo de que as familias de novo ingreso poidan coñecer as instalacións das escolas, o luns 21 de xuño terá lugar unha xornada de portas abertas de 17 a 18 horas.
Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 28 de xuño e o 9 de xullo. Un trámite que poderá realizarse presencialmente no rexistro xeral do Concello solicitando cita previa no 986 727 500 ou na sede electrónica do Concello a través do impreso normalizado que se facilitará nas EIM, no Concello de Sanxenxo, o o Pazo Emilia Pardo Bazán e na web www.sanxenxo.es. Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación. Ademais do impreso, deberá incluírse a instancia específica e a documentación que se require para a matrícula.
Só atenderanse peticións fóra de prazo de casos de nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao período de presentación de solicitudes; cambio de municipio de residencia ou outras circunstancias sociofamiliares ou laborais. Nestes casos será preceptivo e vinculante o ditame dos Servizos Sociais de Sanxenxo.
0
0
0
s2sdefault