Concello de Sanxenxo - SANXENXO IZARÁ MAÑÁ AS SÚAS 17 BANDEIRAS AZUIS DE FORMA SIMULTÁNEA NUN ACTO PROTAGONIZADO POR VECIÑOS E COLECTIVOS DO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Veciños e colectivos do municipio serán mañá os protagonistas no acto do izado das 17 bandeiras azuis que terá lugar ás 13 horas, de forma simultánea, nos areais con este distintivo. O goberno quere facer partícipe á sociedade dun recoñecemento que mantén, un ano máis, a Sanxenxo como municipio con máis bandeiras azuis de España. O intenso traballo e o importante investimento en capital humano que realiza nas súas praias, así como na aposta a punto do verán, foron as claves deste logro que converte a Sanxenxo en referente turístico. 
 
Os membros do goberno acompañarán aos veciños no izado de 9 das 17 praias con esta insignia. En Silgar, o alcalde, Telmo Martín, estará acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Angeles Vázquez, o presidente da Adeac, Jose Palacios, e o presidente do CETS, Alfonso Martínez.
 
En Area de Agra, o concelleiro de Obras e Servizos, Óscar Vilar, acompañará a unha portavoz do Grupo de Baile Soalleira; en Areas, izará a bandeira a Asociación San Pedro de Bordóns; en Pandeira, a portavoz do goberno María Deza acompañará ao presidente de Entretendas, Julio Presas; en Baltar estará o concelleiro de Economía e Persoal, Marcos Guisasola e a piragüista portonovesa, Sara Durán Piñeiro.
 
A concelleira de urbanismo, Flavia Besada, estará no izado da bandeira azul de Caneliñas co futbolista portonovés Fran Rico; en Canelas, estará o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, xunto a membros da Coral Polifónica de Adina. En Paxariñas, estará a técnica de Turismo, Romina Fernández, xunto á presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín. En Montalvo, a bandeira azul izaraa a Asociación de veciños de Arra; en Bascuas, o colectivo Os raposos de Aios; en Pragueira, o presidente de Cáritas, Enrique Rodiño. En Major, o concelleiro de Deportes e Servizos Sociais, Daniel Arosa, acompañará á Asociación de Veciños de Noalla.
 
En Foxos, o colectivo xuvenil A Esmorga encargarase de izar a bandeira azul; na nosa Señora da Lanzada será a comisión de festas da Lanzada, na Lapa, o Grupo Airiños da Lanzada; en Areas Gordas o concelleiro de SAL, Yago Torres, acompañará á presidenta do Banco de Aliemntos, Dora Alarcón e na concelleira de Educación e Cultura, Paz Lago, estará na praia A Lanzada-O Espiñeiro, para izar a bandeira co presidente da Comunidade de Montes de Noalla, Roberto Garrido.
 
0
0
0
s2sdefault